domingo, 22 de mayo de 2011

ACTA ASAMBLEA 22 de MAIO - 21:00h

Asistencia: 150 persoas aprox.

Procédese á lectura da acta anterior (22 maio/12:00h).

TEMAS A TRATAR:

  1. Infórmase da prolongación das acampadas de: Obradoiro e Barcelona (ata o 13 de xuño), e Sol (ata o 27 de maio).
  2. Nova do Faro de Vigo: un dos presentes pediu desculpas por non ter informados ao resto da posible nova neste xornal, nova que saíu e sorprendeu aos que non tiñan coñecemento disto.
  3. Coordinación coas acampadas na Galiza: manter o contacto co resto de acampadas para valorar as decisións comúns.
  4. Coordinación para nosa web www.tomalaplazaponteareas.net
  5. Cea desta noite: quedan 15 persoas. Agradécese a colaboura desinteresada de Ernesto e Restaurante San Martín.
  6. Necesidades da Comisión de Comunicación: grupo para difusión e grupo para recopilación.
  7. Organización en quendas para cubrir as necesidades do campamento.
  8. Recalcamos: MOVEMENTO DA CIDADANÍA SEN IDEOLOXÍA, QUE VAI MÁIS ALÁ DAS ELECCIÓNS. QUEREMOS AS REFORMAS.

PUNTOS DO MANIFESTO:

Lectura dos puntos falados na anterior asamblea
Apertura do debate.

  • Control do gasto público (axudas, infraestructuras, "cidade da cultura"). Auditoría do Estado, devolución destes cartos aos cidadáns.
  • Proposta do Manifesto de Ponteareas como solución á movilización.
REFUNDACIÓN DEMOCRÁTICA
fóra capacidade lexislativa
REFORMA DA CONSTITUCIÓN
baseada na creación de
LEIS POR REFERENDO
Sinaturas como iniciativa para o Parlamento
Reivindicación da SOBERANÍA POPULAR
Salvagardar a DEMOCRÁCIA
  • Limpeza de políticos corruptos (reiterando a necesidade de basear o manifesto na reforma da Constitución para logo levar a cabo o demáis).
  • Problema da política profesional: precisamos políticos que exerzan o seu traballo controlados pola LEI DE PATRIMONIO, pola LEI DE GASTO MÁXIMO e a LEI DE TRANSPARENCIA.
  • A sociedade non é responsable, o primeiro cambio debe estar en nós mesmos.
  • É imprescindible cambiar o sistema (buscar solución que non incida nos cartos nin no poder.
  • Problemática da sociedade de consumo e dos grandes medios de comunicación de masas, vendidos ao sistema político e aos mercados.
  • A democrácia digital é manipulable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario