lunes, 6 de junio de 2011

Ocupación do INEM de Ponteareas

Os indignados de #AcampadaPonteareas saíron hoxe da praza. Deixaron un dispositivo mínimo de información e vixianza do acampamento-concentración indefinida e marcharon cara ao INEM.

A hora que comeza a atención ao público estaban os indignados ás portas da oficina con máis colas de Ponteareas. 2749 parados (datos de xaneiro), que teñen que renovar a súa condición de desempregados cada dous meses (40 días habiles), o que supón que 70 persoas teñan que acudir a esa oficina obrigatoriamente cada día que abre as portas.

O acto consistiu en entrar un grupo de unhas 25 persoas a oficina e sentarmonos no chán, parte deles encadeados entre sí, como as cordas de escravos da época en que ese negocio florecía en ambas orillas do Atlántico.

Dentro xenerouse debate cos parados que agardaban seren atendidos polos traballadores públicos.

Enseguida chegou a Guardia Civil, que se identificou (viña de paisano) e despois de declarar o apoio persoal a nosa causa expricou que o xefeciño da oficina tiña pedido a presenza da guardia civil porque "estábamos a interrumpir o traballo na oficina". Demostrouse claramente que non estábamos a impedir nada, de feito preguntouse aos parados que facían cola se houbera algunha interrupción no ritmo de traballo dos funcionarios, e o negaron. De tódolos xeitos deixáronnos dúas alternativas, pornos fora, a entrada da oficina, ou seren desaloxados. Esto provocou debate entre os participantes nesta acción directa e optouse por sair e manter o acto, mentras algúns seguían dentro debatendo cos parados que chegaban todo o tempo.

Un par de horas despois marchamos ata o Concello e estivemos diante un bo rato, coa esperanza de que algún munícipe saíra a preguntar qué pretendíamos, pero iso non aconteceu.

O que si valeu foi para sacar da praza un rato nosa xente e expricar nuns sitios e outros os porqués da nosa indignación e contarlles un pouco as nosas propostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario