viernes, 27 de mayo de 2011

Asamblea del 24/05/2011

Data:24/05/2011 /asistentes (30)
Lectura acta anterior

Temas a tratar:


Volvese a tocar o tema dos feirantes.
Debate sobre todas as leis a referéndum.
Influencia dos medios de comunicación na xente a hora de dar unha información.

Estrella: Propon facer notas de prensa, visto que xa temos listo o manifestó.
Valverde: Propon facer cartas ao director, e propon acampar no concello o una praza da música.
Patri: Contestalle que imos esperar a que algún feirante veña a asamblea ou senon falar co concello.
Lino:Propon falar mais a fondo o tema de someter todas as leis a referéndum.
Estrella:Propon facer unha comisión de investigación para saber como se tratan as leis noutros países. (ex.Islandia).
Ernesto:Comenta un pouco que o tema de Islandia para tomalo como exemplo e importante 1º a formación e logo a investigación.
Comentan que aquí non se pode facer o mesmo que en Islandia debido ao nº de habitantes.
Valverde:Di que 1º hai que descentralizar mais o poder.
Lino:Di que e mellor someter a referéndum so aquelas leis que afecten sustancialmente as persoas, comenta o feito de que a información sobre unha lei e moi importante ter en conta os medio de comunicación que están en mans das empresas privadas.
Ernesto:Apunta no que dixo Lino e apunta que e unha loita de David contra Goliat que será asi sempre e que e algo co que contamos, tamen haberia que contar en canto se propon algo plantexar o como se fara.

Varios comentan que nalgun momento se teran que dignar a falar con nos e se non dignan seguir na rua.
Lino:Propon que os medios de comunicación sexan comunitarios.
Ernesto:Comenta que haberia que plantexar, non necesitar os medios de comunicación.
Valverde:Comenta que hai outros medios de comunicación, comentan que inda que os medios de comunicación dependa do estado usalos ainda que despois nos fagan o apagon e deixen falar de nos.

Nos recomendan leer:
4 NUEVAS RAZONES PARA ELIMINAR A TELEVISION

Patri:Que a población decida como quere que sexan os medios de comunicación.
Lino:pregunta se a xente será responsable e non se deixara manipular pola población.
Tiago:Di que hai moita manipulación como no colexio
Valvede:Di que o estado deixe de degradar e manipular nos colexios. Tamen propon un ensionolaico, cuns valores democráticos, antipatriarcado, eliminar o machismo.
Alberto Fdez:Infraestructuras para minusválidos.
Estrella:Pensa que todalas causas, ten que ter poder de decisión o pobo.
A loita e entre os de abaixo e os de arriba.
Rantan:Aquí estamos para democratizar todas as leis que nos influen.
Lino:Pensa que e moi complicado por a todo o mundo dacordo.
Gabi:Pedir unha democracia participativa (non so votar nos referéndums), que a xente se organice nas asambleas para ver se hai que levalas a referéndum.
Nacho:Pensa que a xente esta cambiando no camino, sendo mais solidaria.
Valverde:Descentralizar o poder os pobos para unha mellor democracia, cada parroquia unha asamblea, ata levala a unha asamblea superior (varias parroquias).
Patri:Fai lectura dun correo electrónico. Esa persoa pensa que no e viable facer referéndums cada pouco tempo, que e mellor cambiar a lei electoral actual.


Debatir na próxima asamblea a reforma da lei electoral

Temas Tratados:

Que imos facer o sábado cando cheguen os feirantes.

Debate sobre someter todalas leis a referéndum, e influencia dos medios de comunicación.




Conclusions:


Debido o groso do debate sobre todalas leis a referéndum ainda non se chegou a ninguna conclusión, deixando que o debate continue na seguinte asamblea.
En canto o problema cos feirantes imos esperar a proñernos en contacto con algún deles e convidalos a unha asamblea e asi chegar a un acordó con eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario