domingo, 22 de mayo de 2011

Acta da asemblea das 21,00 horas do sábado 21 de Maio.


Comézase dando lectura á acta das 12:00h, preguntando canta xente vai quedar a cear, para que a comisión de comida vaia planificando. Ademais tamén se dá conta de que un compañeiro participa na asamblea desde Brasil a través do Skype. Somos un total de 63 persoas.
A acta da asamblea anterior aprobouse por asentimento.
Fálase das quendas e dos repartos das persoas por horarios, establecendo un mínimo de persoas por cada quenda.
Acordos:
-          Facer un manifesto e traballar desde xa para desenvolvelo.
-          Que as comisións de traballo se reúnan antes das asembleas para preparar en común a súa intervención informativa, rendindo contas e tería que haber un mínimo de dúas persoas por comisión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario