sábado, 21 de mayo de 2011

ACTA ASAMBLEA DE ACAMPADA PONTEAREAS 21/05/2011 3:00 horas.


1.Posto que no lugar no que acampamos e utilizado os sabados polos feriantes, acordamos de maneira pacifica falar con eles e deixarlles o sitio suficiente para que poidan montar os seus postos sen que nos molestemos os uns os outros.

2.Decidiuse por un bote común, para poder comprar comida ao mesmo tempo porase un cartel para reclamar a solidariedade da xente, do mesmo xeito se fara cos supermercados e tendas.

3.Proponse establecer un horario de asambleas, asi como establecer turnos para manter a acampada debido os compromisos persoais de cada un, deste xeito establecese tres asambleas diarias 12.00h da maña  a segunda as 21.00h e a terceira ao longo da noite

4.Acordase facer un documento de recollida de firmas, asi como facer uns panfletos para informar a xente cales as razons polas que estamos aquí , asi como elaborar o noso propio manifestó.

5. Informase aos manifestantes que se enviou un fax a subdelegación no que se lle informa que hemos acampado de forma espontanea.

2 comentarios:

  1. Hoxe (sábado) tamén facedes una asemblea as 21h?

    ResponderEliminar
  2. a min gostariame asistir...será que a través do skype dará?

    ResponderEliminar