viernes, 15 de julio de 2011

MUDÁMONOS!

a partires de agora en:


e o noso correo-e:
asambleaponteareas@gmail.com

lunes, 6 de junio de 2011

Video da acción no INEM de Ponteareas

Ocupación do INEM de Ponteareas

Os indignados de #AcampadaPonteareas saíron hoxe da praza. Deixaron un dispositivo mínimo de información e vixianza do acampamento-concentración indefinida e marcharon cara ao INEM.

A hora que comeza a atención ao público estaban os indignados ás portas da oficina con máis colas de Ponteareas. 2749 parados (datos de xaneiro), que teñen que renovar a súa condición de desempregados cada dous meses (40 días habiles), o que supón que 70 persoas teñan que acudir a esa oficina obrigatoriamente cada día que abre as portas.

O acto consistiu en entrar un grupo de unhas 25 persoas a oficina e sentarmonos no chán, parte deles encadeados entre sí, como as cordas de escravos da época en que ese negocio florecía en ambas orillas do Atlántico.

Dentro xenerouse debate cos parados que agardaban seren atendidos polos traballadores públicos.

Enseguida chegou a Guardia Civil, que se identificou (viña de paisano) e despois de declarar o apoio persoal a nosa causa expricou que o xefeciño da oficina tiña pedido a presenza da guardia civil porque "estábamos a interrumpir o traballo na oficina". Demostrouse claramente que non estábamos a impedir nada, de feito preguntouse aos parados que facían cola se houbera algunha interrupción no ritmo de traballo dos funcionarios, e o negaron. De tódolos xeitos deixáronnos dúas alternativas, pornos fora, a entrada da oficina, ou seren desaloxados. Esto provocou debate entre os participantes nesta acción directa e optouse por sair e manter o acto, mentras algúns seguían dentro debatendo cos parados que chegaban todo o tempo.

Un par de horas despois marchamos ata o Concello e estivemos diante un bo rato, coa esperanza de que algún munícipe saíra a preguntar qué pretendíamos, pero iso non aconteceu.

O que si valeu foi para sacar da praza un rato nosa xente e expricar nuns sitios e outros os porqués da nosa indignación e contarlles un pouco as nosas propostas.

domingo, 5 de junio de 2011

I Foro galego de asambleas de indignados

Onte en Vilagarcía sentáronse as bases da coordinación do movimento de indignados a nivel Galiza.
Tendes a información para consultar nunha wiki nova que imos utilizar todas as acampadas para levar cara adiante a coordinación.
As sensacións das oito ou dez horas de debate de onte, moi positivas. Puxemos en común moitas cousas, coñecímonos un puñado de persoas mandatadas polas súas asembleas. Foi todo moi constructivo.
Acceso ao wiki
Vídeos do evento:
video 1
video 2 (minuto 4:55 intervención de Ponteareas)
video 3 
video 4 (debate sobre si o foro de acampadas ten ou non capacidade decisoria) (minuto 2:00 intervención Ponteareas) (debate sobre o seguinte foro presencial 7:14 ofrecese Ponteareas 20:00 decisión de data e debate lugar) (26:45, defensa de Ponteareas sobre que sexa público o II Foro tamén)
video 5 (debate sobre o levantamento das acampadas)
video 6 (fragmento)
video 7
video 8 (7:56 intervención de Ponteareas sobre as decisións de levantar acampadas, e lectura do manifesto de Ponteareas)
video 9 (apoio de Pontevedra ao manifesto de Ponteareas, modelo suízo, e debate provocado polo manifesto, e demáis intervencións comentando, sobretodo, o noso manifesto) (7:49 defensa do manifesto de Ponteareas por Nacho-Ponteareas)
video 10 (final do foro, conclusións)

Serie completa dos vídeos. Unha vez visionados todos, probablemente reescribirei a entrada (Nacho-Ponteareas)

viernes, 27 de mayo de 2011

Asamblea del 24/05/2011

Data:24/05/2011 /asistentes (30)
Lectura acta anterior

Temas a tratar:


Volvese a tocar o tema dos feirantes.
Debate sobre todas as leis a referéndum.
Influencia dos medios de comunicación na xente a hora de dar unha información.

Estrella: Propon facer notas de prensa, visto que xa temos listo o manifestó.
Valverde: Propon facer cartas ao director, e propon acampar no concello o una praza da música.
Patri: Contestalle que imos esperar a que algún feirante veña a asamblea ou senon falar co concello.
Lino:Propon falar mais a fondo o tema de someter todas as leis a referéndum.
Estrella:Propon facer unha comisión de investigación para saber como se tratan as leis noutros países. (ex.Islandia).
Ernesto:Comenta un pouco que o tema de Islandia para tomalo como exemplo e importante 1º a formación e logo a investigación.
Comentan que aquí non se pode facer o mesmo que en Islandia debido ao nº de habitantes.
Valverde:Di que 1º hai que descentralizar mais o poder.
Lino:Di que e mellor someter a referéndum so aquelas leis que afecten sustancialmente as persoas, comenta o feito de que a información sobre unha lei e moi importante ter en conta os medio de comunicación que están en mans das empresas privadas.
Ernesto:Apunta no que dixo Lino e apunta que e unha loita de David contra Goliat que será asi sempre e que e algo co que contamos, tamen haberia que contar en canto se propon algo plantexar o como se fara.

Varios comentan que nalgun momento se teran que dignar a falar con nos e se non dignan seguir na rua.
Lino:Propon que os medios de comunicación sexan comunitarios.
Ernesto:Comenta que haberia que plantexar, non necesitar os medios de comunicación.
Valverde:Comenta que hai outros medios de comunicación, comentan que inda que os medios de comunicación dependa do estado usalos ainda que despois nos fagan o apagon e deixen falar de nos.

Nos recomendan leer:
4 NUEVAS RAZONES PARA ELIMINAR A TELEVISION

Patri:Que a población decida como quere que sexan os medios de comunicación.
Lino:pregunta se a xente será responsable e non se deixara manipular pola población.
Tiago:Di que hai moita manipulación como no colexio
Valvede:Di que o estado deixe de degradar e manipular nos colexios. Tamen propon un ensionolaico, cuns valores democráticos, antipatriarcado, eliminar o machismo.
Alberto Fdez:Infraestructuras para minusválidos.
Estrella:Pensa que todalas causas, ten que ter poder de decisión o pobo.
A loita e entre os de abaixo e os de arriba.
Rantan:Aquí estamos para democratizar todas as leis que nos influen.
Lino:Pensa que e moi complicado por a todo o mundo dacordo.
Gabi:Pedir unha democracia participativa (non so votar nos referéndums), que a xente se organice nas asambleas para ver se hai que levalas a referéndum.
Nacho:Pensa que a xente esta cambiando no camino, sendo mais solidaria.
Valverde:Descentralizar o poder os pobos para unha mellor democracia, cada parroquia unha asamblea, ata levala a unha asamblea superior (varias parroquias).
Patri:Fai lectura dun correo electrónico. Esa persoa pensa que no e viable facer referéndums cada pouco tempo, que e mellor cambiar a lei electoral actual.


Debatir na próxima asamblea a reforma da lei electoral

Temas Tratados:

Que imos facer o sábado cando cheguen os feirantes.

Debate sobre someter todalas leis a referéndum, e influencia dos medios de comunicación.




Conclusions:


Debido o groso do debate sobre todalas leis a referéndum ainda non se chegou a ninguna conclusión, deixando que o debate continue na seguinte asamblea.
En canto o problema cos feirantes imos esperar a proñernos en contacto con algún deles e convidalos a unha asamblea e asi chegar a un acordó con eles.

martes, 24 de mayo de 2011

Asemblea 21 horas.

Seguimos debatiendo sobre el futuro de todos.

lunes, 23 de mayo de 2011

Manifesto de #AcampadaPonteareas

MANIFESTO:

Despois de 33 anos da aprobación da Constitución Española de 1978 estamos descontentos co xeito pouco democrático no que os representantes políticos acostuman a tomar as decisión que nos afectan a todos e todas.

Tras quedar sobradamente demostrado que os representantes dos cidadáns, unha vez elixidos lexislan sen ter en conta a quen están a representar, vemonos na obriga e na responsabilidade de facer un chamamento a democratización do estado.

Pensamos que o único xeito de recuperar a nosa soberanía é limitar a capacidade lexislativa de Congreso e Goberno, dos parlamentos das Comunidades autónomas e dos Plenos dos Concellos.

Cremos que é viable adoptar un consenso entre todos os cidadáns para mudar esta realidade.

Convocamos a tódos os cidadáns, organizacións sociais, sindicatos e partidos políticos, sexa cal sexa a súa filosofía a debater con nos e apoiar a nosa postura democratizadora ou a convencernos dos nosos erros.

Estamos dispostos a seguir nesta praza ata que teñamos un acordo de todos e ata que o fagamos realidade, indefinidamente.

Ademais continuaremos esta mobilización pacífica ata que todos os detidos e sancionados nos primeiros días desta  acción cidada, teñan garantida a retirada das sancións e denuncias que pesan sobre eles.

Ponteareas a 22 de maio de 2011

--------------------------------------------------
MANIFIESTO:


Después de 33 años de la aprobación de la Constitución Española de 1978 estamos escontentos con la manera poco democrática en que los representantes políticos acostumbran a tomar las decisiones que nos afectan a todos y todas.


Tras quedar sobradamente demostrado que los representantes de los ciudadanos, una vez elegidos legislan sin tener en cuanta a quien están representando, nos vemos en la obligación y en la responsabilidad de hacer un llamamiento por la democratización del estado.


Pensamos que la única forma de recuperar nuestra soberanía es limitar la capacidad legislativa del Congreso y del Gobierno, de los parlamentos de las Comunidades autónomas y de los plenos de los Ayuntamientos.


Creemos que es viable adoptar un consenso entre todos los ciudadanos para cambiar esta realidad.


Convocamos a todos los ciudadanos, organizaciones sociales, sindicatos y partidos políticos, sea cual sea su filosofía a debatir con nosotros, a apoyar nuestra postura democratizadora o a convencernos de nuestros errores.


Estamos dispuestos a seguir en esta plaza hasta que tengamos un acuerdo de todos y hasta que lo hagamos realidad.


Además continuaremos esta movilización pacífica hasta que todos los detenidos y sancionados en los primeros días de esta acción ciudadana tengan garantizada la retirada de las sanciones y denuncias que pesan sobre ellos.


Ponteareas, 22 de mayo de 2011